martes, enero 01, 2008
Recopilación de fotos da campaña
sábado, enero 13, 2007
Dous enlaces e un video para comeza-lo ano
Foro Social de Nairobi - 20 ó 25 de xaneiro de 2007
Logo do seminario sobre auga e gobernabilidade en Catalunya, a Federación ISF organizará dentro deste foro o taller sobre modelos público de auga potable e saneamento en zonas rurais.
Blog da Expo Zaragoza 2008
Aquí poderedes obter noticias e eventos moi interesantes relacionados coa Expo de auga.
Mais hoxe, unha nota de humor... o vídeo Unha gota musical visto no mesmo blog...
Etiquetas: expo zgz, foro social mundial, nairobi, wsf
miércoles, diciembre 20, 2006
Dossier da Vanguardia

A vanguardia publica o seu dossier de Outubro-Decembro 2006 (número 21) sobre a auga.
A pesar de que non está dispoñible a través da web para libre descarga ten contidos interesantes que merece a pena ler.
Editorial: El estrés hídrico.
Resto de contidos.
miércoles, diciembre 13, 2006
Visualizando "a crise" da auga
Unha vez máis visualizamos que a crise da auga non é un problema de existencia de recursos, senón de xestión dos mesmos, tal e como recalca o Informe de Desenvolvemento Humano (2006) que xa comentamos.
Rainfall Volume

Water resources

Groundwater Rechargue

Water use

martes, diciembre 05, 2006
Unha gota de auga
martes, noviembre 28, 2006
A campaña en Vigo
Presentación da campaña
Proxectos de auga nos campamentos de refuxiados saharauis.
Presentación a cargo de Eva Docampo, coordinadora do grupo Sahara de Enxeñería Sen Fronteiras. A continuación proxectarase a curtametraxe “Aqua-sahara”.
Data: 4 de Decembro, a las 12:00
Lugar: Salón de actos de Ciencias do Mar
Os paneis visitarán...
Do 27 de Novembro ó 11 de Decembro na facultade de Ciencias do Mar.
Do 11 ó 20 de Decembro en Industriais
Do 8 a 18 de Xaneiro en Peritos
martes, noviembre 21, 2006
A campaña en Ferrol
Os paneis poderán verse na Escola Universitaria Politécnica de Serantes dende o luns 20 ó venres 24 de Novembro.
Sesión de curtametraxes
Presentación a cargo do grupo Ferrol. Visualizaranse as seguintes curtas:
Niños del agua, producida por Engenyeria Sense Fronteres Catalunya e premiada no III festival internacional de curtametraxes de temática social.
A continuación proxectarase a curta-documental Aqua-Sahara, producida por Ingeniería Sin Fronteras Asturias conxuntamente coa Universidade de Compostela.
Data: Mércores 22 de Novembro, ás 16.00h
Lugar: Escola Universitaria Politécnica de Serantes
Proxectos de auga nos campamentos de refuxiados saharauis.
Presentación a cargo de Sabela Lorenzo, coordinadora da sede de Lugo de Enxeñería Sen Fronteiras.
Data: Xoves 23 de Novembro, ás 18.00h
Lugar: Escola Universitaria Politécnica de Serantes


